Patricia Núñez
About Contact Blog


Estado de Flow

Castellano

Se eres creativo é probable que escoitaras falar deste fenómeno, ou mesmo que xa o experimentaras (¡parabéns!) se non é así anota o seguinte nome: Miháry Czikszentmihályi

Para él: “El flujo o Estado de Flow es un estado subjetivo que las personas experimentan cuando están completamente involucradas en algo hasta el extremo de olvidarse del tiempo, la fatiga y de todo lo demás, excepto la actividad en sí misma”





Tamén afirma, que ditas actividades adoitan ser obsesivas: como chegar a un récord nalgún deporte ou conseguir a perfección hiperrealista nun cadro (por exemplo). Existen actividades, que pola súa natureza consideranse de fluxo, como son a música, a pintura etc

Estas actividades xeran moita satisfacción e felicidade a quen as fai xa que se mergullan o 100% na tarefa e na consecución dos obxectivos.

Este estado depende do equilibrio existente entre as nosas capacidades e a dificultade da tarefa a realizar, así como de fixar obxetivos e metas xa que supoñen unha limitación temporal que pode "alimentala" motivación e a competitividade cun mesmo.


¿E no traballo?

Mihály, menciona algo coñecido coma a paradoxa do traballo:

- Aquel que está sen traballo, está triste ou decepcionado por non poder traballar, mentras que aqueles que sí o teñen serán os primeros en queixarse.





¿Sónache? Isto resulta moi irónico, xa que moita xente con emprego abúrrese no seu tempo libre, non saben cómo encher esos buracos pero mentras están no traballo desexan rematar a súa xornada canto antes.

O que ocorre en esencia, é que no traballo temos metas e obxectivos (ainda que non sexan do noso agrado) mentras que no noso tempo de lecer raramente poñemos metas, e como xa vimos, as metas son unha parte importante para alcanzar o fluxo.

Para fluír no noso traballo, o ideal é dedicarnos a aquilo que realmente nos guste, dedicarnos a aquilo que realmente amose quen somos, xa que o estado de fluxo consiste esencialmente en concentrar a atención en plans e obxectivos da nosa elección.

Estar onde e como queiramos estar.



17/07/2019









Instagram Facebook