Patricia Núñez
About Contact Blog


Libros e referentes #01

Castellano

Coma en calqueira profesión, as referencias literarias seguen a ser esenciais dentro do entorno dixital no que vivimos, pero na rede...non todo é o que parece.

En internet podemos atopar de todo (ou case todo), pero poucas veces nos paramos a pensar de onde veñen e quen son os autores de todas esas refencias que acumulamos nas nosas carpetas.

O feito de gastarnos cartos nun libro, fainos ser moito mais meticulosos: queremos sabelo todo e ver o maior número de páxinas posibles antes de dar o paso.

Aquí temos unha breve lista de libros interesantes, cheos de bo material filtrado e meticulosamente analizado:



01 - A SMILE IN THE MIND



De Beryl McAlhone, David Stuart, Greg Quinton e Nick Asbury

Este libro ofrécenos un percorrido sobre unha colección de traballos esenciais no mundo do deseño, dende Noma Bar ata Paul Rand pasando por diferentes temáticas como a política, a educación e a saúde.

Por cómo está escrito e presentado servenos como manual de referencia para traballar e xerar novas ideas. Nel poderás atopar de todo, dende entrevistas ata pezas gráficas de todo tipo para todo tipo de soportes: calendarios, posters, packaging, logotipos, invitacións etc.

Sen dúbida...un libro ideal para refrescar as ideas e o inxenio.

MERCAR



02 - O LIBRO DE IDEAS PARA O DESEÑO GRÁFICO



De Steven Heller e Gail Anderson

Sinxelo, claro e conciso.

É perfecto para ter preto en pleno "bloqueo" creativo. Neste libro mostranse recursos e técnicas que tal vez non tiñas en mente pero que poden ser o punto de inflexión que buscas no teu traballo.

De vez en cando está ben leelo de novo para limpar a mente dos nosos propios "clichés" e valorar novas formas de pensar e traballar.

MERCAR



03 - AVEDON FASHION 1944 - 2000



De Vince Aletti, Carol Squiers, Philippe Garner.

Cando falamos de fotografía e moda, falamos de Richard Avedon.

Este libro recopila algúns dos mellores traballos fotográficos de Avedon, é sen dúbida algunha, un libro a ter en conta cando buscamos referencias fotográficas.

Aquí poderás atopar exemplos de boa composición e armonía da imaxe, un uso excelente da luz e o ritmo na fotografía. Sentirás a necesidade de coller a cámara e poñerte a traballar. Tamén desfrutarás dunha gran calidade de imaxe impresa e dos acabados dun libro de colección.

AVEDON FOUNDATION

MERCAR



04 - O ABC DA BAUHAUS



De Ellen Lupton e Abbott Miller

Esencial, é a mellor palabra para definir este libro.

Nel atoparás o desenrolo dalgúns dos principios da Bauhaus da man de Ellen Lupton e Abbott Miller.

Se todavía non o liches, ensinarache unha nova perspectiva sobre a historia da Bauhaus e a súa relación co deseño e a tipografía, axudarache a reflexionar sobre o deseño dunha forma introspectiva e diferente.

É 100% recomendado.

COMPRAR





26/06/2019







Instagram Facebook